sexta-feira, 12 de setembro de 2008

Presentación

Ola, saudos de Balboa Ramone, benvid@s a Crestas e imperdibles, unha serie de programas especiais, adicados á música punk ou pank, como queirades chamala.

Falaremos da súa historia, lembraremos a música e anécdotas dos grupos mais míticos ata a época actúal. Veremos que é iso de street punk, oi!, ska, skate punk, ou punk celta e tentaremos respostar cuestións como: ¿Son todos os grupos punk antisistema?, ¿por que a maioría dos grupos teñen nomes tan desagradables?, ¿Blink 182 ou Bowling for soap son punks ou grupos prefabricados que van de punks?, ¿hai vida despois dos Ramones e os Clash?, que diferencia había entre o punk británico e o feito nos USA?

Observaredes que utilizo a 1ª persoa do plural porque, ainda que os programas os levarei a adiante eu só, espero contar coa vosa participación: enviando a vosa opinión sobre o movimento punk actúal ou do pasado, cales son os vosos grupos ou discos favoritos?, se lembrades cal foi a 1ª canción punk que escoitáchedes, pedindo cancións...

Nenhum comentário: