sexta-feira, 7 de novembro de 2008

O Colectivo Opaíí! apresenta a nova programación de Rádio Filispim


Lugar: Ateneo Ferrolán.
Data: sábado 8 de novembro de 2008
Hora: a partir das 12:00 do mediodía.
Entrada de balde.

Rádio Filispim, vén de principiar a súa cuarta tempada radiofónica nas ondas da comarca e co fin de apresentar á nova grella, o "Colectivo Opaíí!" organiza, en colaboración co Ateneo Ferrolán, unha nova sesión Vermú.

No transcurso da mesma, os radialistas da "Filispina" apresentarán as diversas propostas radiofónicas que acolle a nova tempada filispiniana.
Ademáis haberá pinchos para todas e todos os asistentes, que poderán acompañar cun estupendo vermú.
Como toda sesión vermú que se preze haberá música en directo da man da formación folk Alén de Ancos. ( http://myspace.com/alendeancos )

Mantéñense de anteriores tempadas, programas como Spanglish, Divertimento para pequenos monstros, Vamos Andar ou Vozes Reveldes e como principais novidades da nova grella destacamos a incorporación dos colectivos Fuco Buxán (programa O Recuncho ) e o propio Ateneo Ferrolan (programa Atenea) á programación, que posuirán os seus propios espazos radiofónicos, e tamén se incorporan propostas de produzón allea, como Mapamundi, e mesmo a continuidade de Cuba Información , Africanía ou Nosotras en el Mundo

Outra das novidades é a incorporación á radio de propostas realizadas por outras radios libres de Galiza, integradas na REGARLIC (Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias, que integran Radio Kalimera , Radio Corme, Radio Clavi , Cuac FM , Rádio Piratona e a propia Rádio FilispiM ). Deste xeito, a "Filispina" emite xa dous programas producidos por Rádio Piratona de Vigo ("Crestas e Imperdíbles" e "Moito de Aquí"). O conxunto da grella pódese consultar no blog do colectivo: http://www.opaii.blogspot.com

Como radio de acción social, Rádio FilsipiM, posúe os seus espazos de contrainformación e redifunde informativos producidos por outras produtoras e radios do mundo do terceiro sector (Radio Mundo Real , Más Voces da URCM , Democracy Now , Diagonal ou Informativo de Amnistia Internacional ...)

A Sesión Vermú, será retransmitida en directo por Rádio FilispiM, no 93.9 da FM, nun programa radial que se desenvolverá *desde as 12:00 do mediodía até as 15:00 da tarde, polo que os/as asistentes poderán ver como se realiza un programa radiofónico en rigoroso directo, dende o set de radio que instalará a "Filispina".

A entrada á actividade é de balde.

Rádio FilispiM, é un proxecto radial, sen ánimo de lucro, encadrado dentro do terceiro sector da comunicación (radios libres e comunitarias) que non emite publicidade nen depende de ningún grupo económico ou político.

Grazas pola difusión.

--
Rádio FilispiM, 93.9 FM.
A rádio livre e comunitária da Terra de Trás-Ancos.
http://www.opaii.blogspot.com


2 comentários:

hendrixo disse...

Medi, xa tes o link feito. Espero o teu artigo sobre punk.

medi disse...

Ok fareino sobre punk celta.