sexta-feira, 11 de setembro de 2009

Festa do rural



Saúdos do Colectivo Malaherba:
Presentámosvos as primeiras *Olimpiadas do campo* organizadas polo *Colectivo Malaherba* dentro da primeira *Festa do Rural,* que se vai celebrar este fin de semana, sábado 12 e domingo 13 de Setembro, no Torreiro de Matamá. As Olimpiadas do campo celebraranse o sábado 12 de Setembro, a partir das 17 :00 no Torreiro de Matamá e próximidades. As competicións que se van disputar son as seguintes:
*Lanzamento de Boina,**Lanzamento de Sacho,**Fondar Barrís,**Carreira de carretillas(por parellas),Embotellar,Desfollar canas,Carreira de sachar.*
*Modalidades para nenos: Separar fabas de feixóns,Lanzamento de ovos por parellas e Lanzamento de boina:* IDEM que para os maoires
Para máis información sobre ás Olimpiadas do Campo, botade unha ollada en
http://colectivomalaherba.blogspot.com/
Para apuntarvos a calquera das competicións, especificade o voso nome e en
que actividade queredes apuntarvos enviandonos un correo a
colectivomalaherba@gmail.com
Agardamosvos a tod@s esta sábado no torreiro de Matamá.

Um comentário:

Anônimo disse...

sodes os mellores, graciñas por movilizar a xente de matamá e darlle vida à parroquia!!
VIVAN AS OLIMPIADAS DO RURAL!!!