sexta-feira, 19 de setembro de 2008

Piratona na 3ª Foliada en Barcelona

Descarga o 1º programa

Xa podes descargar o programa nº1 neste enderezo:

Crestas e imperdibles nº1

O arquivo está comprimido en zip
O arquivo é un mp3 a 96K
O arquivo ocupa (unha vez descomprimido) 32 MB
O programa dura 46´40´´

Gravado o 1º programa

No primeiro programa falamos de :

- Comezos do punk: música garaxe
- Ideoloxía do punk: dadaismo e surrealismo
- Punk ¿actitude ou moda?
- Son os Ramones, Green day, Toy dolls... grupos punk ou grupos que fan música punk?
- Hai na actualidade temas que son tabú e que son intocables ou recomendado non falar deles ou pensades que hoxe en día hai liberdade para meterse con todo o que se queira?

A música que se escoita no programa é (por esta orde):

- Durango 96 (Ramones)
- Wipe out (Big nose)
- Have love will travel? (The Sonics)
- Search & destroy (The Stooges)
- Kick out the jams (MC5)
- Punk rock song (Bad Religion)
- Wart hog (Ramones)
- Oye nena yo soy un artista (Siniestro Total)
- God save the Queen (Sex Pistols)
- Antifascista (Sutura)
- Punk rock girls (The Queers)
- Punk de plástiko (Las Vulpes)
- Looking out for #1 (Guttermouth)
- Spanish fever (Chixdiggit!)

Páxina web recomendada:

Punks unidos Páxina web arxentina onde poderás atopar foros, blogues e artigos moi interesantes relacionados co punk.

Libro recomendado:

Por favor mátame, la historia oral del punk Libro sobre a historia do punk, unha completa retrospectiva sobre a xestación e o nacimento punk, en New York e London, narrada polos seus propios protagonistas.

sexta-feira, 12 de setembro de 2008

Presentación

Ola, saudos de Balboa Ramone, benvid@s a Crestas e imperdibles, unha serie de programas especiais, adicados á música punk ou pank, como queirades chamala.

Falaremos da súa historia, lembraremos a música e anécdotas dos grupos mais míticos ata a época actúal. Veremos que é iso de street punk, oi!, ska, skate punk, ou punk celta e tentaremos respostar cuestións como: ¿Son todos os grupos punk antisistema?, ¿por que a maioría dos grupos teñen nomes tan desagradables?, ¿Blink 182 ou Bowling for soap son punks ou grupos prefabricados que van de punks?, ¿hai vida despois dos Ramones e os Clash?, que diferencia había entre o punk británico e o feito nos USA?

Observaredes que utilizo a 1ª persoa do plural porque, ainda que os programas os levarei a adiante eu só, espero contar coa vosa participación: enviando a vosa opinión sobre o movimento punk actúal ou do pasado, cales son os vosos grupos ou discos favoritos?, se lembrades cal foi a 1ª canción punk que escoitáchedes, pedindo cancións...

quinta-feira, 4 de setembro de 2008

terça-feira, 2 de setembro de 2008