terça-feira, 30 de junho de 2009

Descarga o programa nº 33

Podedes descargar o programa nº 33 premendo no seguinte enlace:

Crestas e imperdibles nº33

Escoita o programa nº 33

Xa podedes escoitar o programa nº 33 premendo neste enlace:

Crestas e imperdibles nº33

Gravado o programa nº 33

No 33º programa falamos de:

- Datas de concertos de: Prap´s, Bergallazo, Matxetazo na Parrotxa, Lost Psycotics, Malas Pulgas, The Royalties, Sem Resposta, Medomeda, Saldos Arias, Katana Chaos, Labazada, Los Ruines, Nas túas mans, Impulsos Criminais, Novedades Carminha, Bang 74 e Blue Jeans.
- Entrevista a Rafa, creador e editor do Fanzine Criatura zine.

A música que se escoita no programa é (por esta orde):

- Rockaway beach (Ramonetures)
- Quero ver como te ris (Medomeda)
- Copernical Revolution (Los Ruines)
- Me voy (Blue Jeans)
- I don´t wanna go out (Samesugas)
- Quero dicirche (Dandy Fever)
- Kingston town Santiago DC (Transilvanians)

segunda-feira, 22 de junho de 2009

Made in Galiza cancelado




Os dias 26 e 27 de xuño grazas á Concellaria de Cultura do Concello da Coruña, a música galega por vez primeira ía ter un escaparate privilexiado para poder amosar todo o seu esplendor criativo que está a viver dende os últimos 15 anos. Unhas 14 bandas de diversos estilos e procedéncias ían xuntar-se para um acontecimento histórico dentro da música emerxente galega, um dos sectores culturais mais vivos, mais dinámicos, e tamén, curiosamente menos subvencionada de todas as artes que se traballan no país.

Isto sábeo ben a xente que ten mamado palco, que ten feito troulear por concertos e romerias a moita xente, vendo como os grupos de fóra levaban os cachés grandes, facendo um traballo moitas das veces de menor calidade que a xente da casa. Precisamente, a xente da casa, era quen baixaba os cachés colaborando coas organizacións dos eventos para que estes se puideran realizar.

O panorama está a mudar, e a contrastada calidade das criadoras galegas está a causar expectación, grazas a que nos últimos anos se eliminaran as “listas negas” e a censura a todo o que se desmarcara das pautas da grande indústria.

Precisamente, a inmensa maioria (e con moito) das subvencións a eventos musicais veñen da parte dos concellos que contratan grupos “de moda” criados polos mass média estatais, ou orquestras con versión de éxitos do momento. Conste dicer que este tipo de eventos son moi queridos polo público em xeral e responden as suas actuacións com grandes afluencias de xente. Non hai cousa mais respetável, sabémo-lo.

Pero sabemos tamén que a música emerxente galega tamén ten o seu público, cada dia maior, cada vez a xente acode mais aos festivais, seguian o programa de rádio (tristemente eliminado) “Aberto por Reformas”, e que esta xente TAMÉN TEM DEREITO A UNHA PEQUENA AXUDA DOS RESPONSÁVEIS DA CULTURA DO PAÍS. Lugares como Inglaterra, Irlanda, USA, Cuba, Brasil... entendéron-no moi bem, por iso son primeiras poténcias culturais en música contemporánea, principalmente porque non desprezan o seu.

Ao contrário da administración actual da XUNTA, que eliminou TODAS AS AXUDAS AO EVENTO que ía ser celebrado o mes de Xuño na Coruña. Esto, no meu país, e no de todos tamén, só se lle pode chamar así SECTARISMO E AUTO-ÓDIO.

E que non se preocupen os administradores oficiais da cultura deste país, que NÓS, @s músicos galeg@s, non choramos por unha subvención QUE NUNCA TIVEMOS, e que seguiremos a facer festa, e a facer unha indústria cultural potente sen necesidade da sua axuda, xa que levamos así, alegres, toda a vida.

Os organizadores.

terça-feira, 16 de junho de 2009

segunda-feira, 15 de junho de 2009

Gravado o programa nº 32

No 32º programa falamos de:

- 1º programa especial adicado á música ska.

A música que se escoita no programa é (por esta orde):

- Zigaloo (Lester Sterling)
- Drum song (Willie Lindo & The charmer´s band)
- Six and seven books of Moses (The Maytals)
- Introduccion (Skarlatines)
- 30 pieces of silver (Prince Buster)
- Rebel girl (Skarlatines)
- Boogie in my bones (Laurel Atkin)
- Police woman (Skarlatines)
- Easy snappin (Theophilus Beckford)
- With my girl in the moon (Skarlatines)
- Oh Carolina (The Folkes brothers)
- Bananaman (Skarlatines)
- Forward march (Derrick Morgan)
- Rock & ska (Skarlatines)
- My boy Lollypop (Millie Small)
- Ska latte (Skatalites)
- Simmer down (The Wailers)
- Rain (Rare ska)
- Guns of Navarone (Skatalites)

sexta-feira, 12 de junho de 2009

quinta-feira, 11 de junho de 2009

domingo, 7 de junho de 2009