segunda-feira, 2 de fevereiro de 2009

Concurso de maquetas Millo Verde 2009

Outro ano máis, e despois da grande aceptación recibida na edición anterior(17 maquetas presentadas), a Asociación Millo Verde presenta o Concurso de Maquetas Millo Verde 2009.
Adxuntamos o cartaz, no que figuran as bases, aínda que as desglosamos a continuación:

*1. Poden participar todos os grupos ou solistas con residencia na Galiza ou en Portugal que non teñan disco editado, a excepción dos traballos autoeditados ou aqueles que non teñan firmado un contrato discográfico. Si é posibel a inscripción dos artistas que publicaran singles ou extended plays, ou os que participasen en discos recopilatorios.
2 . O prazo de inscripción ábrese o 1 de Febreiro de 2009 e finalizará o 15 de Marzal de 2009.
3. Admítense traballos encadrados en calquera estilo musical.
4. Os traballos constarán de tres cancións de composición propia e que, como mínimo, terán que ser enviados en formato CD audio, acompañado dunha breve reseña biográfica (compoñentes, estilo, procedencia, concertos realizados, etc.) que non exceda de 50 liñas. É imprescindíbel unha nota coa dirección postal, número de teléfono, e-mail (se se dispón del) e persona de contacto. Todo o material debe ser enviado nun mesmo sobre e por correo certificado ou presentado en persona na seguiente dirección:*

*Concurso de maquetas MILLO VERDE 2009
Isidoro Queimaliños, 24
36800, Redondela*

*Non se devolverá o material recibido.*

*5. De todos os traballos seleccionaranse un mínimo de tres finalistas que participarán nunha festa concerto, que terá lugar a finais de Abril de 2009. De entre os tres finalistas decidirase o gañador do concurso mediante votación entre os asistentes á festa concerto. O finalistas daranse a coñecer na páxina web
milloverde.blogaliza.org. É imprescindíbel ter un repertorio para directo de 40 minutos de duración como mínimo.*

*6. O gañador do concurso obterá o dereito a formar parte do festival Millo Verde 2009, que terá lugar os días 5, 6 e 7 de Xuño, percibindo 300 € como contrapartida pola súa participación.*


*Agardamos a máxima difusión pola vosa parte.


Máis información en: milloverde.blogaliza.org ;
http://www.myspace.com/milloverde *

Nenhum comentário: